Pedro Pascal é Joel en Last of Us

628

Após de anunciaren que Bella Ramsey sería a protagonista feminina facéndo-se cargo do papel de Ellie, a HBO ven de confirmar que o actor de The Mandalorian e Game of Thrones Pedro Pascal será Joel, o persoaxe central da adaptación á tele do videoxogo da PlayStation The Last of Us.

A história está ambientada vinte anos despois de que a civilización moderna fora destruída e enfóca-se na relación entre Joel (Pascal), un duro supervivente e traficante neste novo mundo, e Ellie (Ramsey), unha adolescente que podería ser a clave da cura dunha pandémia mortal.

O que comeza coma un traballo sinxelo, o de sacar á rapaza fóra dunha opresiva área en corentena, convérte-se nunha brutal viaxe mentres atravesan os Estados Unidos e dependen o ún do outro para sobreviviren.

Agárda-se que Pascal continúe protagonizando The Mandalorian, onde de todos os xeitos a súa face non é requerida porque o seu persoaxe sempre leva posto o casco.

O creador de Chernobyl, Craig Mazin, será o guionista e produtor executivo xunto ao guionista e director creativo do xogo orixinal, Neil Druckmann. O realizador ruso Kantemir Balagov é o encargado de dirixir o episódio piloto.