A canle The CW ven de abandoar os plans para facer Wonder Girl. A guionista e produtora executiva Dailyn Rodriguez confirmou a nova e engadiu: “estou moi orgullosa do guión que escribín. Oxalá puidera ter compartido o mundo que creei, pero lamentabelmente non estaba destinado a acontecer“. A série ía sobre a “dreamer” latina Yara Flor, filla dunha guerreira amazónica e dun deus brasileiro do río.