O regreso de Burton coa família Addams

82

O realizador Tim Burton ven de recibir da Netflix o encargo de dirixir e ser o produtor executivo de Wednesday, unha nova série con acción real baseada no persoaxe da moza Wednesday Addams da Família Addams.

A Netflix encargou unha primeira tempada de oito episódios, que describe coma un thriller sobrenatural que narra os anos de Wednesday Addams coma estudante na Académia Nevermore. Alí intentará dominar a súa incipiente habilidade psíquica, frustrar unha monstrosa vaga de asasinatos que aterrorizou á vila local e resolver un mistério sobrenatural que envolveu aos seus pais hai vintecinco anos.

O dúo de Smallville e Into the Badlands composto por Al Gough e Miles Millar creou a série e serán os showrunners e produtores executivos. Andrew Mittman, Kevin Miserocchi, Gail Berman, Kayla Alpert e Jonathan Glickman participarán tamén coma produtores executivos para a MGM/UA Television.

Lisa Loring, Christina Ricci e Chloe Grace Moretz interpretaron ao persoaxe en anteriores adaptación ás pantallas de The Addams Family.