Abrams relanza a Constantine na HBO Max

50

A produtora de J.J. Abrams, a Bad Robot, está a desenvolver un relanzamento nun tón mais sinistro do persoaxe da DC Comics Constantine para a HBO Max con Guy Bolton a cargo do guión.

A Bad Robot traballará coa HBO Max para crear un Constantine mais actualizado, segundo os plans que Bolton deseñou para o episódio piloto que comezará a se escribir en marzo.

O persoaxe será un londiniense mais mozo e diverso, separándo-se deste xeito do que interpretou recentemente Matt Ryan na série da NBC entre 2014 e 2015. Nesa série, que fora creada por David Goyer e Daniel Cerone, John Constantine era un detective do oculto inglés á caza de mistérios sobrenaturais. Ryan apareceu ademais no mesmo papel nas séries da canle The CW Arrow e DC’s Legends of Tomorrow.