Ainda que a primeira tempada está por estrear e o reparto de vários papéis salientábeis anunciou-se só hai uns días, a HBO Max ven de lle dar a luz verde oficial á segunda tempada da súa precuela dos Gremlins en debuxos animados.
Gremlins: The Secrets of the Mogwai, coa produción da Warner Bros. Animation e a Amblin Television, é unha série ambientada no Shanghai dos anos 20 do pasado século, e agárda-se que debute a finais deste ano coas voces de Ming-Na Wen, BD Wong, James Hong e Matthew Rhys.
A HBO Max pretende deste xeito ampliar a súa oferta de séries para un público mais infantil, engandindo mais de 300 horas de contidos, entre os que se atopan ademais tres novos especiais de Ben 10, unha nova série titulada Craig of the Creek, un spin-off de Teen Titans Go, a anunciada série de Thomas & Friends e mais un programa musical e educativo de Tom and Jerry.