George R.R. Martin adaptará a Roger Zelazny

616

O creador de Game of Thrones, George R.R. Martin, será o produtor executivo dunha adaptación á tele de Roadmarks, a novela do lendário escritor de ciéncia-ficción Roger Zelazny, para a HBO.

A adaptación corre a cargo de Kalinda Vazquez, habitual guionista de Star Trek: Discovery e co-produtora executiva de Fear The Walking Dead. Ademais Vazquez escribirá o guión e será a showrunner.

O libro orixinal escribiu-se a finais dos anos 70 e foi publicado en 1979. O seu argumento xira ao redor dunha autoestrada que pode viaxar polo tempo, vencellando todas as liñas temporais e lugares para a xente especial que a descubre. Algúns poden usa-la para explorar os mistérios do universo, pero para outros a estrada é a súa única esperanza de sobrevivir, corrixir error pasados e crear un futuro mellor para eles mesmos e os seus seres queridos. A autoestrada por creada polos Dragóns de Bel’kwinith, pero ninguén sabe quen foron ou como o fixeron.

Martin ten unha longa amizade con Zelazny, a quen coñeceu nun taller para escritores en Bloomington, Indiana, a mediados dos anos 70, e logo fixéron-se amigos cando se mudou a Santa Fe. Nunha elexía por Zelazny, que morreu en 1995, Martin dixo que era unha persoa moi xenerosa e que lle emprestou cartos cando os necesitou.

Vince Gerardis, co-produtor executivo de Game of Thrones e da vindeira House of the Dragon, será tamén o produtor canda Martin e Vazquez.

Nun comunicado, George R.R. Martin dixo: “A miña carreira en televisión comezou en 1985 cando adaptei Last Defender of Camelot de Roger Zelazny para The Twilight Zone. Roger foi un amigo, un mentor e un dos millores escritores de ciéncia-ficción que xamais viviron. Foi unha honra poder traer a súa obra á televisión. Por iso estou tan emocionado de ser parte da adaptación da novela de Roger Roadmarks para a HBO. Temos un grande libro, unha grande guionista en Kalinda Vasquez, e as feituras dunha série marabillosa e orixinal. Estou desexando comezar esta longa e emocionante viaxe“.