O Departamento da Verdade asóma-se á tele

597

A Sister Productions de Elisabeth Murdoch, Stacey Snider e Jane Featherstone, responsábel da série Chernobyl, ven de se facer cos dereitos para levar á tele o cómic The Department of Truth orixinal de James Tynion IV e publicado pola Image Comics.

Tynion, que recentemente se fixo co control de Batman e é o autor dos aclamados The Woods e Something Is Killing the Children, co-escribirá o guión xunto a outro responsábel, aínda por determinar.

A história trata sobre a ideia de como as teorías da conspiración poden moldear o tecido da realidade. As cousas comezan cando un antigo axente do FBI úne-se a unha misteriosa organización governamental que se ocupa das conspiracións, dende a falsa aluaxe aos tiroteos nos coléxios e as crenzas politizadas con actores pagados.

Polo de agora o proxecto conta con se converter nunha série, pero non hai novas sobre cando podería comezar a súa produción.