Un blog confirma que Pine será Kirk

982

Chris PineChris Pine é o gañador do cobizado papel do capitán James T. Kirk na vindeira produción de J.J. Abrams da saga de Star Trek, segundo un “post” do director Joe Carnahan no seu blogue oficial.

Carnahan escribiu que Pine abandonou o filme do mesmo Carnahan, White Jazz, para se incorporar ao papel do xoven Kirk en Star Trek. “O homiño que ía interpretar a Junior Stemmons optou por ir ‘a onde ningún home chegou antes’ e asemade, tivo que abandoar White Jazz“, escribiu Carnahan.

O cásting de Pine produciu-se hai unhas semanas e o actorestivo na boca dos rumores dende aquela.

Pine (Just My Luck e Smokin’ Aces) úne-se a un reparto que xa inclúe a Zachary Quinto, Leonard Nimoy, Eric Bana, Simon Pegg, Anton Yelchin, Zoe Saldana e John Cho.

Star Trek está prevista para escomezar a se producir o mes que ven, coa vista posta nunha posíbel estrea para o día de nadal de 2008.