Sasha Calle é a nova Supergirl

606

A recente nominada ao prémio Emmy Sasha Calle, que polo de agora só contaba con cretos na telenovela Young and the Restless, ven de se facer co papel de Supergirl no vindeiro filme The Flash que producen a Warner Bros. Pictures e a DC Films.

O director do filme, Andy Muschietti, entrevistou a mais de 400 candidatas para o posto e seica ficou abraiado pola interpretación de Calle, unha actriz nada en Boston pero de família colombiana, e pola súa boa química co actor Ezra Miller, quen protagonizará o filme no papel de Barry Allen/Flash. Todas as audicións e xuntanzas celebráron-se a través de teleconferéncias por mor do covid.

Calle será deste xeito a primeira Supergirl latina na DC, despois de que Helen Slater interpretara o papel no filme de 1984 e Melissa Benoist fixera o mesmo na série da canle The CW. Agárda-se que o seu descubrimento a catapulte á fama do mesmo xeito que aconteceu coa israelí Gal Gadot, quen antes de ser Wonder Woman era practicamente unha descoñecida.