Curtas 2021 xa ten data para a súa 49 edición

44

Thrillers que te deixarán sen alento, embriagadores soños de ciéncia-ficción, terror de alto impacto, xunto as propostas máis imaxinativas e innovadoras da fantasía, voltarán a romper coas conviccións na grande celebración do cinema fantástico de Galiza. A 49ª edición do Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa terá lugar do 22 ao 31 de outubro de 2021 cunha ampla selección de longametraxes e curtametraxes de xénero fantástico de todo o mundo.

Curtas, o festival de cine fantástico de maior dimensión en Galiza, voltará a apostar polo formato presencial, verdadeira eséncia do evento, tendo en conta a situación sanitária do momento e tomando as medidas oportunas para garantir a seguridade de todos. A banda deseñada, a literatura e outras formas de expresión artística, ademáis de convidados de primeiro orde, formarán parte unha vez máis dunha programación fantástica.

O 24 de febreiro abrirá-se o prazo para a recepción de obras a competición nas diferentes seccións a concurso. As plataformas de envío de obras así coma as bases de participación poderán-se consultar a través da web oficial curtas.org.

Durante os vindeiros meses irán-se desvelando os convidados e a programación do Festival a través da mesma web e das diferentes redes sociais do festival.

Curtas Festival do Imaxinário conta co apoio do Concello de Vilagarcía e a Deputación de Pontevedra.