Soto dirixe ao Blue Beetle latino

117

O realizador portorriquense Ángel Manuel Soto (Charm City Kings) dirixirá o filme de Blue Beetle para a DC Films e a Warner Bros. Pictures. O proxecto será a primeira película de superheroes cun persoaxe latino coma protagonista principal. O escritor de orixe mexicana Gareth Dunnet-Alcocer (Miss Bala) é o responsábel do guión.

Nos cómics hai tres versións distintas de Blue Beetle, así que o filme centrará-se na mais actual, na que o heroe é o adolescente mexicano-americano Jaime Reyes, quen vive en El Paso, está adicado á súa família e non ten relación con ningún outro superheroe.

Un día, Reyes descubre un escaravello que se lle apelica no lombelo e lle fornece unha armadura extraterrestre que se pode modificar para lle aumentar a velocidade e a forza, así coma para crear armas, ás e escudos.

A rodaxe ten previsto comezar en primavera.