A série de HALO pása-se á Paramount+

89

A longamente agardada adaptación da franquía de videoxogos HALO ás pantallas ven de atopar un novo fogar. A série, que estaba prevista para se producir na canle Showtime, ficará dentro da família ViacomCBS, pero agora será emitida polo servizo de streaming da Paramount+.

Producida pola Showtime, a 343 Industries e mais a Amblin Television, a série está actualmente a se rodar en Budapest e estreará-se na Paramount+ a primeiros do ano que ven.

Pablo Schreiber lidera o elenco deste épico relato ambientado no século XXVI e que narra un conflito entre a humanidade e mais unha ameaza extra-terrestre coñecida coma o Pacto (Covenant no orixinal). A franquía foi desenvolvida orixinalmente por Bungie Studios, pero agora é xestionada pola 343 Industries, unha empresa propiedade da Microsoft. En total leva vendidas mais de 81 millóns de cópias en todo o mundo.

Steven Spielberg, Darryl Frank e Justin Falvey serán os produtores executivos no nome da Amblin Television, e Steven Kane, Otto Bathurst, Toby Leslie, Kyle Killen, Scott Pennington, Kiki Wolfkill, Frank O’Connor e Bonnie Ross compoñen o resto da lista.