Spike Lee invoca a Cthulhu

101

O realizador Spike Lee ven de recibir o encargo de producir a longametraxe de acción Gordon Hemingway & the Realm of Cthulhu para a Netflix. Stefon Bristol (See You Yesterday) dirixirá o proxecto, baseado nun guión orixinal de Hank Woon e Fredrica Bailey.

A história está situada no Leste de África en 1928 e ten coma protagonista ao temerário aventureiro afroamericano Gordon Hemingway, un pistoleiro que se axuntará coa princesa guerreira Zenebe de Etiopía para rescatar ao rexente do reino, secuestrado por unha maléfica entidade cósmica, que non é outra ca Cthulhu, o lendário monstro creado por H.P. Lovecraft.

Os produtores Lloyd Levin e Beatriz Levin, parceiros de Lee na longametraxe Da 5 Bloods, están tamén a bordo deste proxecto. A Infinite Entertainment co-producirá e a Goodbye Kansas, empresa gañadora dun prémio VFX, fornecerá os efectos especiais.