Unha série de G.I. Joe, sen G.I. Joe

111

A Amazon está a desenvolver unha série con acción real baseada na franquía de xoguetes G.I. Joe da Hasbro, pero esta vez centrada no persoaxe da axente secreta Lady Jaye.

Adrianne Palicki interpretou ao persoaxe na longametraxe de 2013 G.I. Joe: Retaliation. Esta série sería unha história autoconclusiva enfocada en Jaye, pero aínda conectada co universo de G.I. Joe que inclúe potencialmente o vindeiro filme Snake Eyes protagonizado por Henry Golding.

Erik Oleson, o showrunner da terceira tempada de Daredevil na Netflix e da segunda tempada de Carnival Row na Amazon, será o creador e showrunner desta série, ademais do produtor executivo, xunto a Lorenzo DiBonaventura da Paramount Television Studios, a eOne e a Skydance Television.