Batman Beyond pide axuda aos fans

58

Max McMillian, director de voces e de elenco na clásica série de debuxos animados Batman Beyond, compareceu esta fin de semana perante os fans para pedir que fagan esforzos para resucitar a popular série premendo á Warner Bros.

A série emitiu-se dende 1999 a 2001 e consistiu en 52 episódios ao longo de tres tempadas. Nos anos dende que rematou, o programa gañou unha popularidade que nunca tivo durante a súa emisión, obtendo un enorme apóio dos fans e un status de série de culto dentro do xa de por si excelente panorama de série s de debuxos animados da DC e poñéndo-se mesmo por riba doutras séries anteriores: Batman: The Animated Series, Superman: The Animated Series e Justice League/Justice League Unlimited.

No evento desta fin de semana, o IGN Fan Fest, participaron membros do elenco orixinal e McMillian foi preguntado sobre a posibilidade de que a série tivese unha nova tempada ou unha longametraxe coma continuación. McMillian dixo que tanto el coma o elenco de voces estarían dispostos a regresar, pero que a decisión está nas mans da Warners, que necesita ser convencida:

Todo depende de que os fans o pidan, o pidan, e o pidan até que para a Warner Bros. sexa parvo dicir que non. Así que teñen que comezar unha espécie de campaña e facer saber á Warner Bros. que iso é o que queren. Porque nos gustaría face-la, sería moi divertido – todos estamos aínda por aquí, todos estamos aínda dispoñíbeis, todo o mundo segue a facer un bonito traballo. Así que si, por favor, e grazas“.

Batman Beyond sitúa-se décadas no futuro con Kevin Conroy regresando coma a voz dun ancián Bruce Wayne, quen adestra ao xusticeiro adolescente Terry McGinnis (Will Friedle) para se poñer o traxe de Batman coma o novo Cabaleiro Escuro de Gotham City. A série presentaba unha mestura de novos superfalcatruáns xunto con algunhas faces coñecidas do pasado.

Os fans levan moito tempo a pedir unha longametraxe con acción real, pero a Warners nunca deu ningún sinal de que este proxecto se vaia levar a cabo.