A Netflix, a Skydance e a compañía xaponesa Production I.G (responsábel de Ghost in the Shell: SAC_2045) van traballar conxuntamente para produciren unha série de anime baseada na frqnuía de ciéncia-ficción Terminator orixinal de James Cameron.
Mattson Tomlin, que co-escribiu o vindeiro filme de Matt Reeves The Batman, seré o showrunner e produtor executivo do proxecto, cuxos detalles polo de agora non se deron a coñecer.
A franquía comezou en 1984 cun filme de baixo orzamento protagonizado por un daquela non moi coñecido Arnold Schwarzenegger e dirixido por Cameron. Após de obtér un enorme éxito de crítica e público, Cameron regresou para a secuela Terminator 2: Judgement Day.
A franquía nombergantes nunca volveu aos seus mellores tempos. Catro filmes mais foron producidos, ningún deles dirixido por Cameron, e todos eles acadaron críticas regulares ou malas. En 2008 produciu-se unha série con acción real para a televisión, protagonizada por Lena Headey e que acadou en xeral unha boa audiéncia.
Nun comunicado, Tomlin dixo: “Calquera que coñeza a miña maneira de escribir sabe que creo en ir directo ao corazón. Sínto-me honrado de que a Netflix e a Skydance me deran a oportunidade de abordar Terminator dun xeito que racha coas convencións, subvirte as expectativas e ten verdadeira coraxe“.