Red Sonja fai-se con nova guionista

89

A prometedora guionista Tasha Huo ven de se incorporar coma nova escritora do longamente xestado relanzamento de Red Sonja para a Millennium.

A creadora de Transparent, Joey Soloway, será a directora do proxecto de espada e bruxería, e tomará o relevo en 2019 de Bryan Singer, quen foi xa descartado polos estudos.

Nun comunicado Soloway di: “Non podería haber un mellor intre no noso mundo para as formas de exercer o poder de Red Sonja e a súa conexión coa natureza e o noso planeta. É unha heroína antiga cunha vocación épica, e trasladar iso á pantalla é un soño feito realidade para min coma cineasta. Estou desexando colaborar con Tasha nesta visión“.

Está previsto que os cástings comecen de seguido. Mark Canton, Courtney Solomon, Christa Campbell e Lati Grobman producen.