A Netflix ven de se facer cos dereitos do guión de ciéncia-ficción Parallel, orixinal do co-escritor de Source Code Ben Ripley, e conta xa con produci-lo en asociación coa Rideback, a compañía de Dan Lin e Jonathan Eirich.
A história seica vai sobre un home e mais unha muller que trafican con crimes de alto nivel en universos paralelos. O seu súpeto encontro ameaza ao seu xefe, polo que loitan a través de diferentes realidades para atoparen unha na que ambos poidan sobrevivir e estaren xuntos.
Ripley escribiu tamén o remake de Flatliners e recentemente a secuela de Air Force One para a Sony.