Jonathan Majors visita o reino de Cthulhu

57

O protagonista de Lovecraft Country e Da 5 Bloods, Jonathan Majors, está en conversas para se facer co papel principal de Gordon Hemingway & The Realm of Cthulhu na Netflix.

Hank Woon escribiu o guión, que está ambientado en África do leste en 1928 e céntra-se en Hemingway (Majors), un duro pistoleiro afroamericano, quen se alía coa princesa Zenebe para rescataren ao rexente do país, secuestrado por Cthulhu.

Aínda que a série Lovecraft Country estaba parcialmente inspirada polas obras de H.P. Lovecraft, o creador de Cthulhu, o filme de Gordon Hemingway non estará baseado en ningún dos seus libros.

Stefon Bristol (See You Yesterday) dirixe o filme, que Spike Lee, Lloyd Levin e Beatriz Levin producirán. A Majors poderémo-lo ver axiña no papel de Kang o Conquistador no filme da Marvel Studios Ant-Man and the Wasp: Quantumania.