A secuela de District 9 pon-se en marcha

80

O realizador Neill Blomkamp ven de confirmar que el e mais os seus compañeiros guionistas Sharlto Copley e Terri Tatchell están xa a traballar no guión de District 10, a longamente agardada secuela do maior éxito do cinema surafricano, District 9.

Nun chío publicado o venres, Blomkamp dixo: “O guión de District 10 tamén está a ser escrito por @sharlto (Sharlto Copley) @territachell (Terri Tatchell) e mais eu. Está chegando“.

O filme orixinal recadou 211 millóns de dólares en todo o mundo e recibiu catro nominacións aos Oscar, incluíndo mellor película e mellor guión orixinal. Os rumores dunha posíbel secuela comezaron a xurdir dende a estrea da primeira longametraxe.

Blomkamp ven de rodar o filme de terror Demonic e tiña previsto dirixir Inferno, protagonizado por Taylor Kitsch, pero o andazo do covid rachou cos seus plans.