O famoso escritor e xornalista Ta-Nehisi Coates ven de recibir o encargo de escribir o relanzamento da franquía de Superman para a Warner Bros. Pictures e a DC Films.
Ademais, J.J. Abrams producirá o proxecto baixo a súa compañía, a Bad Robot. Abrams escribira hai vinte anos un guión para Superman titulado Superman: Flyby, que ao final non se chegou producir. Hannah Minghella será a outra produtora desta nova versión, para a que polo de agora non se sabe moito mais.
Nunha declaración, Coates dixo: “Ser convidado ao Universo Extendido da DC pola Warner Bros, DC Films e a Bad Robot é unha honra. Estou desexando contribuír de xeito sinificativo ao legado do heroe mítico mais emblemático dos Estados Unidos“. E Abrams engadiu: “Hai unha nova, poderosa e conmovedora história de Superman que aínda non se contou. Non poderiamos estar mais emocionados de traballar co brillante Sr. Coates para axudar a levar esa história á pantalla grande“.
Coates tamén traballou nos cómics do Capitán America e Black Panther, e as súas influéncias neste último persoaxe foron un dos motivos mais salientábeis para que o filme recibira a súa aprobación.
O actual actor de Superman no cinema, Henry Cavill, quen interpretou o papel ao longo de tres películas a partir de Man of Steel en 2013, expresou o seu desexo de volver ao papel. O traballo de Cavill poderémo-lo ver axiña cando se estree Zack Snyder’s Justice League na HBO Max o día 18.
O anúncio en todo caso chega despois de que o pasado 23 se estreara Superman & Lois en The CW, protagonizada por Tyler Hoechlin coma Superman, e que acadou os millores números de audiéncia da canle nos últimos dous anos.