A viaxe de Chihiro terá versión no teatro

791

O clásico filme de debuxos animados Sen to Chihiro no Kamikakushi (que en Galiza se traduciu coma A viaxe de Chihiro) orixinal de Hayao Miyazaki e que gañou un Oscar en 2001, será adaptado ao teatro por primeira vez.

O director gañador dos prémios Tony e Olivier John Caird (Les Misérables) escribirá e dirixirá esta versión, que contará coa produción do xigante dos debuxos animados xaponeses Toho e coa total cooperación dos estudos Ghibli de Miyazaki.

O filme, que recadou 355 millóns de dólares en odo o mundo, vai sobre unha intelixente nena chamada Chihiro, que se perde nun misterioso mundo de espíritos fantásticos, governado pola meiga Yubaba. Após dunha série de estraños e perigosos desafíos, entre os que está o seu traballo nunha casa de baños, deberá usar toda a súa intelixéncia para regresar ao mundo dos humáns.

A versión no teatro terá dous cantantes actrices no papel de Chihiro: Kanna Hashimoto e Mone Kamishiraishi. A estrea será en febreiro de 2022 no teatro imperial Toho en Tóquio, e logo desprazará-se a outros países de Ásia e Europa.