O realizador Rawson Marshall Thurber (Red Notice) ven de ser contratado para dirixir a adaptación ao cinema da série de videoxogos da Ubisoft The Division para a Netflix.
A história está ambientada nun futuro próximo onde un virus pandémico espallou-se por médio do papel moeda un Venres Negro, decimando á cidade de New York e matando a millóns. En nadal, o que fica da sociedade descendeu ao caos e un grupo de civís, adestrado para operar en tempos de catástrofe, é activado para salvar o que poidan. Marshall co-escribirá o guión canda Ellen Shanman.
Jake Gyllenhaal e Jessica Chastain levan xa un tempo vencellados aos papéis protagonistas e ademais producirán o filme. O director orixinal ía ser David Leitch (Deadpool 2), pero tivo que renunciar por mor de conflitos coa súa axenda de traballo. Nombergantes, fica no proxecto coma produtor.