A muller do viaxeiro do tempo chega á tele

771

O protagonista masculino de Divergent, Theo James, e mais a actriz de Game of Thrones Rose Leslie veñen de se facer cos papéis protagonistas da adaptación á pequena panatalla da novela The Time Traveler’s Wife, orixinal de Audrey Niffenegger, e que producirá a HBO.

A história vai sobre Henry DeTamble, un aventureiro libreiro que viaxa involuntariamente a través do tempo, e Clare Abshire, unha artista cuxa vida sigue un curso secuencial natural. O apaixoado romance da parella perdura a través dun mar de tempo e os atrapa nunha trampa imposíbelmente romántica.

Steven Moffat, gañador do Emmy con Doctor Who e Sherlock, será o showrunner, adaptaron e produtor executivo xunto a Sue Vertue e Brian Minchin.

A propriedade xa pasou polas pantallas nun filme de 2009 que protagonizaron Eric Bana e Rachel McAdams.