Superman & Lois, ano 2

81

Superman & LoisA canle The CW renovou a súa série Superman & Lois para unha segunda tempada tan só uns días despois de emitir o seu primeiro episódio, o pasado día 23 de febreiro. As críticas foron boas pero non demasiado, mentres que a audiéncia foi aceptábel, cun total de 1,75 millóns de espectadores, a mais grande dos dous últimos anos na súa franxa horária.