Gordon-Levitt será Pepiño o Grilo

744

Cynthia Erivo interpretará á Fada Azul e Joseph Gordon-Levitt porá-lle a voz a Pepiño Grilo no filme Pinocchio que Robert Zemeckis dirixirá para a Disney Pictures.

A parella úne-se deste xeito a Tom Hanks, quen fará o papel de Geppetto, e a Luke Evans coma o Cocheiro, nesta nova versión con acción real (dentro do que cabe) que tentará adaptar aos nosos tempos o clásico filme animado da Disney de 1940.

A bordo do proxecto tamén está Benjamin Evan Ainsworth (Flora and Ulysses) poñéndo-lle a voz ao persoaxe principal de Pinocho, Keegan-Michael Key coma a voz do raposo Honrado Xoán, e Lorraine Bracco nun papel novo, o da gaivota Sofia.

Zemeckis dirixirá a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Chris Weitz. A rodaxe ten previsto dar comezo a finais deste mes en Inglaterra.