Hugh Grant é o malo de Alxubes e Dragóns

115

Hugh Grant ven de ser contratado para facer o papel do principal vilán, Forge Fletcher, na longametraxe de alto orzamento que adaptará ás pantallas o popular xogo de rol de fantasía Dungeons & Dragons para a Hasbro/eOne e a Paramount Pictures. Ademais, a actriz de IT Sophia Lillis fará o papel de Doric.

A devandita parella une os seus nomes a un elenco no que xa figuraban Chris Pine, Michelle Rodriguez, Justice Smith e Rege-Jean Page.

O proxecto conta cos directores de Game Night, Jonathan Goldstein e John Francis Daley, quen ademais escribiu a última versión do guión, baseado nun esbozo anterior de Michael Gilio.

Polo de agora non está claro se o filme será directamente fantástico, ambientado no mundo do xogo, ou se simplemente incorporará aspectos de xogo de rol á súa narrativa. D&D é o xogo de rol mais coñecido e o mais vendido do mundo, cuns 40 millóns de xogadores estimados e mais de mil millóns de dólares recadados cos libros e accesórios.

Brian Goldne e Jeremy Latcham son os produtores.