A Netflix asociará-se con Les Editions Albert René, propriedade da Hachette, e co guionista Alain Chabat, para crearen a primeira série de debuxos animados en 3D baseada nos clásicos cómics de Astérix.
A série producirá-se en Franza e será emitida pola Netflix en 2023, baseada en Le Combat des chefs (O combate dos xefes, na súa versión galega de 1992), que foi o sétimo volume da saga. No orixinal, os románs, após de seren constantemente avergoñados por Astérix e os seus amigos da vila, organizan unha loita entre os xefes galos riváis e tentan amañar o resultado secuestrando a un druída xunto coa súa poción máxica.
O primeiro tomo da série publicou-se en 1961 e dende aquela leva xa 38 volumes, que foron traducidos a 111 línguas e dialectos e xeraron 9 filmes de debuxos animados e 4 adaptacións con actores reais.
Chabat, que escribiu o guión e dirixiu o filme até agora con mais éxito da recente cinematografía de Astérix, Astérix et Obélix: Mission Cléopâtre, será o showrunner da série, que producirá Alain Goldman.