Hello Kitty ao cinema

65

Hello KittyOs veteráns da animación Jennifer Coyle (Harley Quinn) e Leo Matsuda (Big Hero 6) dirixirán o filme híbrido en debuxos animados e acción real Hello Kitty para a New Line. A marca, creada en 1974 e cun récord de vendas de 6.000 millóns de dólares, nunca fora adaptada ao cinema anteriormente. A New Line poderá utilizar un total de vinte persoaxes da Sanrio Corporation, a compañía dona dos dereitos da famosa gatiña.