O director da triloxía orixinal de Pirates of the Caribbean, Gore Verbinski, fará equipa co creador de Utopia, Dennis Kelly, para a longametraxe Sandkings na Netflix.
A história, unha adaptación da noveliña homónima de George R.R. Martin escrita en 1979, vai sobre un rico playboy e coleccionista de animáis exóticos chamado Simon Kress, quen descobre un terrário cheo de catro colónias de creaturas chamadas “sandkings” que poden medrar até encheren todo o espazo no que se atopan.
As creaturas existen en catro colónias, cada unha delas liderada por unha raíña chamada “fauces”, que controla telepaticamente un grande número doutros bichos semellantes a insectos que constrúen un castelo de area ao seu redor para protexe-la e procurar-lle comida. Cada colónia está ademais sempre en guerra coas outras.
Simon comeza a lles facer pasar fame e apostar sobre o resultado das guerras cos amigos, pero finalmente os seres escapan do terrário para se facer co control da súa casa, onde a súa fame intensifíca-se. A história orixinal gañou os prémios Hugo e Nebula en 1980, foi adaptada para un telefilme de 1995 que serviu coma episódio piloto da série The Outer Limits e nun cómic de 1987 publicado pola DC.
John Baldecchi (Conan the Barbarian, 2011) será o produtor.