O manga de Hellsing, ao cinema

565

O guionista Derek Kolstad (The Falcon and the Winter Soldier) ven de recibir o encargo da Amazon Studios e a Automatik para desenvolver un filme con acción real que adapte ás pantallas o manga de terror Hellsing.

A história orixinal, escrita e debuxada por Kouta Hirano, é unha versión “gonzo” do Drácula de Bram Stoker, co vampiro transilvano agora coñecido coma Alucard, un axente especial vencellado á Organización Hellsing, baixo o liderado de Integra, a bisneta de Abraham Van Hellsing.

Alucard foi alistado para axudar á organización na súa misión de protexer Inglaterra, e un pouco se cadra tamén ao resto do mundo, contra os vampiros, gules e outros monstros sobrenaturáis. A recruta mais nova da Hellsing, unha ex-oficial de policía chamada Seras Victoria, tamén participa na acción.

Brian Kavanaugh-Jones, Fred Berger, Mike Callaghan, Reuben Liber, Jason Lust e mais o mesmo Kolstad serán os produtores.