Vázquez escribe un filme de Star Trek

489

Kalinda Vázquez escribirá o guión dun novo filme da franquía de Star Trek para a Paramount Pictures e a Bad Robot de J.J. Abrams.

A popular guionista escribiu hai pouco o argumento dun episódio de Star Trek: Discovery centrado na figura de Michelle Yeoh e participou durante toda a tempada coma produtora consultiva. Na súa carreira figuran títulos coma Fear the Walking Dead ou Marvel’s Runaways, e hai uns días soubemos que se vai asociar con George R.R. Martin para levar á tele a novela Roadmarks de Roger Zelazny.

Polo de agora non se deron a coñecer mais detalles sobre o seu traballo. A franquía de Star Trek no cinema leva moito tempo parada, dende o relativo fracaso nos despachos de billetes do filme de 2016 Star Trek Beyond e a ViacomCBS decidiu enfocar-se mais no servizo da Paramount+.

Os últimos intentos de facer unha cuarta entrega da saga do coñecido coma Kevinverso non saíron adiante, mália contaren con salientábeis figuras coma o showrunner de Fargo, Noah Hawley, o director de The Revenant Mark L. Smith e mesmo a Quentin Tarantino, quen falou de dirixir unha versión de seu.