Steven Spielberg formará equipa cos creadores de Stranger Things, Matt e Ross Duffer, nunha série limitada que adaptará á tele a clásica novela de fantasía épica de Stephen King e Peter Straub The Talisman para a Netflix, a Amblin Television e a Paramount Television Studios.
A história orixinal, publicada por primeira vez en 1984, ía sobre Jack, un rapaz de doce anos que se embarca nunha aventura mística na procura do Talismán, un obxecto que podería salvar á súa nai, que está a morrer. Pero para atopa-lo, Jack non só debe atravesar os Estados Unidos, senón ao mesmo tempo un mundo paralelo, marabilloso e ameazador coñecido coma “Os Territórios”.
Spielberg levaba de feito mais de trinta anos tentando adaptar a obra a unha longametraxe, pero finalmente o proxecto que sairá adiante é este, unha série de televisión que contará con Curtis Gwinn (The Leftovers, Stranger Things) coma guionista e showrunner, mentres que King, Spielberg, Darryl Frank, Justin Falvey e mais os irmáns Duffer serán os produtores executivos.