Pepe Le Pew, fóra de Space Jam 2

797

A agresiva mofeta francesa Pepe Le Pew non se verá en Space Jam: A New Legacy cando se estree o vindeiro 16 de xullo.

Le Pew apareceu no primeiro filme de 1996 e tiña previsto tamén saír nesta secuela, nunha escena na que revelaba que Penelope, a gata que adoitaba acosar, presentou unha orde de afastamento contra el, mentres Lebron James di-lle que “non pode agarrar a outros debuxos sen o seu contentemento“. Pero isto non será abondo para salvar ao persoaxe, obxecto de controvérsia por se converter nun símbolo da cultura da violación.

A actriz e cantante Greice Santo, que tamén aparecía na devandita escena agora eliminada, amosou-se contrariada polo feito. Ela mesma falou contra o acoso sexual no pasado e dixo que se aledou de participar na escena, na que lle daba unha labazada á mofeta por lle bicar a man sen permiso.

Esta non é a primeira vez que a Warner Brothers atopa problemas con algúns dos seus antigos persoaxes, coma o sudista Elmer Fudd promovendo a violéncia coas armas.

No novo filme regresará tamén Lola Bunny, pero esta vez menos sexualizada. O director Malcolm D. Lee dixo que “refixemos moitas cousas, non só a súa fasquía, senón asegurar-nos de que os seus pantalóns curtos tiñan unha lonxitude axeitada e é feminina sen se converter nun obxecto, e lle dimos unha voz real. Para nós, tratába-se de reforzar a súa destreza atlética e a súa capacidade de liderado, e facer dela un persoaxe tan completo coma os demais“.

James, Ryan Coogler, Duncan Henderson e Maverick Carter producen o filme.