Semanas despois da estrea do filme de J.J. Abrams Star Wars: The Rise of Skywalker a finais de 2019, e da súa pouco afortunada recepción por parte dalgúns fans na Internet, apareceron algúns detalles e conceptos para un guión de Colin Trevorrow, o que ía ser o director do filme nun primeiro momento, titulado Star Wars: Duel of the Fates.
Trevorrow abandonou o proxecto da novena e polo de agora derradeira entrega da saga de Skywalker en 2017 por mor de diferéncias creativas, e a súa visión para o filme foi descartada na súa maior parte. Após da estrea do filme, filtráron-se eses detalles e conceptos que daban a entender que a película dirixida por Trevorrow tiña mais potencial de agradar ao público.
Agora, o debuxante Andrew Winegarner ven de traer esa visión á vida nunha série de sete números nunha novela gráfica que está maiormente dispoñíbel para se ver gratis na rede. A ambos guionistas de Duel of Fates, o mesmo Trevorrow e mais Derek Connolly, gustou-lles o chío orixinal de Winegarner, dalgún xeito dando a súa aprobación a esta versión.