Os superheroes mais irreverentes

359

A Amazon planea facer unha série “spin-off” de The Boys e está por pechar o acordo para facer o pedido, para o cal Lizze Broadway (The Rookie, Bones) é a primeira en se unir ao elenco do proxecto, no papel dunha nova superheroína.

A nova série, irreverente e planeada para maiores de 18 anos, está ambientada na única universidade dos Estados Unidos onde só se admiten superheroes baixo o control da Vought International. Estes aprendices de heroes, hormonados e competitivos, porán a proba os seus límites físicos, sexuais e moráis, loitando brutalmente por obteren os mellores contratos nas mellores cidades.

Craig Rosenberg escribiu o guión e será o showrunner e produtor executivo, unha tarefa na que tamén participarán Eric Kripke, Seth Rogen, Evan Goldberg e James Weaver.

A terceira tempada de The Boys está arestora en rodaxe, após dun enorme éxito mundial nas súas dúas anteriores entregas, que continúan a manter o récord da série mais vista na Amazon.