HALO terá unha voz de seu

86

Após de moitos intentos que remataron en fracaso para facer unha longametraxe, a franquía de videoxogos de HALO semella ter atopado unha nova vida grazas á série de televisión que a Paramount+ producirá en asociación coa 343 Industries e a Amblin Television.

Pablo Schreiber lidera o elenco deste épico conto do século XXVI dun conflito entre a humanidade e unha ameaza alieníxena teocrática coñecida coma o Covenant.

Os xogos, que venderon mais de 80 millóns de cópias, contan xa cunha enorme base de fans que ten as esperanzas moi altas no proxecto. Isto pode ser un arma de dobre fío e  produtora e programadora Kiki Wolfkill dixo que se necesita unha nova versión do material de orixe para facer a série, mesmo que isto poida enfadar aos fans: “É unha agulla moi interesante de enfiar con persoaxes queridos. Como dar-lles unha perspectiva diferente, como facer que a súa viaxe sexa sinificativa dun xeito diferente, respeitando ao mesmo tempo a súa viaxe anterior e as cousas que lle gustan á xente das viaxes que xa fixeron. É un reto constante, por veces unha loita. Hai cargas diferentes que irán á série de televisión que as que leva o xogo. Así que se temos un pouco de liberdade para intentar explorar algunhas ideias diferentes ou expresar un persoaxe de xeito distinto, tentamos aproveita-la. É incríbel ter estas bases de fans e comunidades adicadas. Pero tamén é difícil porque hai moitas perspectivas diferentes. Nalgún intre, non podes satisfacer todas as voces. Tes que ter unha voz de teu“.

A série conta ademais coma protagonista a Jen Taylor coma a intelixéncia artificial Cortana e Natascha McElhone coma a doutora Halsey xunto con Bokeem Woodbine, Bentley Kalu, Kate Kennedy, Natasha Culzac e Shabana Azmi.

A estrea producirá-se a primeiros de 2022.