Fishburne e Yeoh únen-se ao Ben e o Mal

48

Laurence Fishburne e Michelle Yeoh veñen de se sumar ao elenco da longametraxe fantástica de Paul Feig The School For Good And Evil na Netflix.

Laura Solon (Let it Snow) e David Magee (Finding Neverland) adaptaron o guión a partir da novela orixinal de Soman Chainani que vai sobre as amigas Sophie e Agatha (Sofia Wylie e Sophia Anne Caruso), estudantes na escola do Ben e o Mal, onde rapaces normais son adestrados para se converteren en heroes e viláns dos contos de fadas.

Sophie quere ser unha princesa e Agatha semella encaixar perfectamente no papel de vilá, pero cando as nenas atopen que lles deron os papéis opostos aos que agardaban, a súa amizade ficará en suspenso. Fishburne interpretará ao director da escola e Yeoh á profesora Anemone.

Ambos actores únen-se a Kerry Washington coma profesor Dovey e a Charlize Theron coma Lady Lesso. Feig, Laura Fischer, Joe Roth, Jeffrey Kirschenbaum e Jane Startz son os produtores.