Crudup fóra, Verdú dentro de Flash

671

A actriz española Maribel Verdú (Pan’s Labyrinth, Superlópez) será Nora Allen, a nai de Barry, no filme de Andy Muschietti The Flash para a Warner Bros. Pictures.

O mesmo ca nos cómics e na actual série de televisión, Nora ten un papel salientábel pero breve no filme, xa que é asasinada ao comezo, pero este feito ten un forte impacto na vida de Barry sendo neno.

A incorporación de Verdú chega despois de que Billy Crudup tivera que abandoar o proxecto por motivos de axenda, pero tamén de cartos, xa que a súa vindeira participación nunha série da elitista canle Apple+ permíte-lle obter un salário moi por riba do habitual. Crudup ía interpretar a Henry, o pai de Barry Allen, que é encarcerado inxustamente ao ser acusado do asasinato da súa muller. Cudrup xa fixera este papel brevemente no filme de 2017 Justice League.

A actriz madrileña suma deste xeito o seu nome aos de Ezra Miller (Barry Allen/The Flash) e Kiersey Clemons (Iris West) xunto a Michael Keaton e Ben Affleck, que farán dúas versións de Batman no multiverso.

A rodaxe de The Flash atópa-se actualmente en pre-produción e ten previsto comezar o mes que ven en Inglaterra, unha vez o país fique xa libre do virus do corona.