Avatar volve ser o filme con mais recadación

493

AvatarO filme de James Cameron de 2009 Avatar ven de se facer unha vez mais co récord de filme con mais éxito nos despachos de billetes en todo o mundo. A súa re-estrea no mercado chinés o venres pasado fíxo-lle gañar 12,3 millóns de dólares nos primeiros dous días, sobrepasando deste xeito os 7 millóns que precisaba para adiantar a Avengers: Endgame e facendo-se cun total de 2,802 millóns. Tanto Avatar coma os filmes da Marvel pertencen agora á Disney, polo que a competición fica na casa.