A actriz e comediante Tiffany Haddish protagonizará e producirá a adaptación ao cinema do cómic da Dark Horse Mystery Girl que dirixirá McG para a Netflix.
Haddish interpreta a Trine, unha muller con amnésia que vive fóra do foco público en Los Angeles gañándo-se a vida coma vidente e guiada por unha voz omnisciente que coñece os negócios e os segredos mais escuros de todo o mundo.
Mentres tanto, un oficial de policía local que está a pasar por unha mala racha acude a ela agardando qu o axude a resolver un caso, pero ambos os dous resultarán acusados de asasinato e deberán loitar por limparen os seus nomes.
McG, Mary Viola, Mike Richardson e Keith Goldberg producirán para a Dark Horse Entertainment, responsábel asemade da série Umbrella Academy.