A produtora de Will e Jada Pinkett Smith, a Westbrook Studios, ven de se facer cos dereitos para levar ás pantallas a série fantástica de novelas gráficas da IDW Publishing Canto e converte-la deste xeito nunha longametraxe de debuxos animados.
Nos cómics, Canto e mais os seus pequenos compañeiros de folla-de-lata foron escravizados no país de Arcana durante xeracións e os seus corazóns foron substituídos por reloxos. Ainda que o amor está prohibido, iso non evitou que Canto se namorase dunha rapaza. Pero cando os escravizadores danen o corazón da rapaza alén dunha posíbel reparación, Canto abandoa Arcana nunha procura para atopar os corazóns perdidos do seu povo.
David M. Booher, o co-creador do cómic, escribirá o guión e será o produtor executivo xunto ao debuxante Drew Zucker. Jon Mone será o produtor.