Un Bird Box en español

776

Os produtores de Bird Box Dylan Clark e Chris Morgan van regresar para faceren unha longametraxe spin-off en español do éxito que Sandra Bullock protagonizou en 2018 para a Netflix.

O filme orixinal estaba baseado na novela homónima de Josh Malerman e ambientado nun mundo baixo o control dunhas entidades que, se alguén as ve, fan tolear a esa persoa, que se volve contra todos os que están ao seu redor.

Bullock interpretou a unha muller que tenta navegar por este perigoso mundo, usando unha venda nos ollos e mais unha gaiola con paxaros, todo mentres tentaba protexer a unha parella de nenos.

O novo proxecto comezará axiña a súa produción en España, onde se ambientará a história, a finais de ano. Alex e David Pastor, os irmáns que escribiron os thrillers de ciéncia-ficción Carriers (con Chris Pine) e Self/Less (con Ryan Reynolds) serán os guionistas e directores desta nova entrega da saga.

A Nostromo Pictures producirá o filme con Adrián Guerra e Núria Valls. Este podería ser o primeiro de múltiples spinoffs de Bird Box que se roden nun idioma local.