Ben-Adir úne-se á Invasión Secreta

564

Un dos actores mais de moda nos últimos tempos, Kingsley Ben-Adir (a quen os fans do fantástico recoñecerán polo seu papel en The OA) unirá o seu nome aos de Samuel L. Jackson e Ben Mendelsohn na série da Marvel Studios Secret Invasion.

Ben-Adir interpretará a un dos principáis falcatruáns da série, na que Jackson repite o seu papel de Nick Fury e Mendelsohn fará o seu papel do Skrull Talos que xa fixo en Captain Marvel.

O argumento deste novo proxecto da Marvel xira ao redor dunha facción dos metamorfos Skrull que leva a se infiltrar na Terra dende hai anos. Kyle Bradstreet será o guionista e mais o produtor executivo.

Os tres devanditos actores son polo de agora os únicos cuxos nomes foron anunciados para a série. A secuela de Captain Marvel que dirixirá Nia DaCosta está en pre-produción e aínda que non está confirmado, podería vencellar a súa trama á de Secret Invasion.

O persoaxe da actriz de WandaVision Teyonah Parris, Monica Rambeau, podería tamén ser parte do elenco, dado que a última vez que a vimos se dirixía xunto a Nick Fury ao espazo en compañía dos Skrulls. Pero polo de agora, só está confirmada para regresar en Captain Marvel 2.