A Warner Bros. Pictures, a Chernin Entertainment e mais a DC Films desenvolverán conxuntamente unha adaptación ao cinema do popular cómic Hourman.
O persoaxe de Hourman conta con tres versións distintas nos cómics: a primeira é un químico chamado Rex Tyler que crea a droga “Miraclo” que lle fornece superforza, velocidade, resisténcia e invulnerabilidade, pero só durante unha hora.
A versión mais famosa do persoaxe é a de Rick, o fillo de Rex, que leva un reloxo de area que lle permite ver exactamente unha hora no futuro. Gavin Games e Neil Widener escribirán o guión da longametraxe, pero non está claro que persoaxe utilizarán.
A canle The CW tentara facer unha série de televisión con Hourman aló en 2013, pero o proxecto non saíu adiante. Patrick J. Adams (Suits) interpretou unha versión do persoaxe nunha aparición coma convidado na série DC’s Legends of Tomorrow, mentres ca Lou Ferrigno Jr. fixo o papel o ano pasado na série Stargirl.