O derradeiro desexo do Gato con Botas

46

Puss in BootsA Universal Pictures ven de confirmar o comezo da produción de Puss in Boots: The Last Wish, a secuela de Puss in Boots protagonizada polo Gato con Botas (Antonio Banderas), que se estreará o 23 de setembro de 2022. Nesta nova entrega o gato descubre que perdeu oito das súas nove vidas, polo que comeza unha aventura para atopar o mítico Derradeiro Desexo que lle permita recuperar as nove vidas orixinais.