Headey protagonizará Beacon 23

56

A actriz de Game of Thrones Lena Headey (a raíña Cersei Lannister) protagonizará e será a produtora executiva de Beacon 23, unha série de ciéncia-ficción da Spectrum Originals e a AMC Networks.

A série vai sobre dúas persoas cuxos destinos son entrelazados despois de que se vexan atrapados xuntos ao cabo do universo coñecido. Unha intensa batalla de vontades comezará a se desenvolver. Headey interpreta a Aster, unha muller que misteriosamente atopa o seu camiño a un senlleiro gardián dun faro nos recunchos mais escuros do espazo.

O proxecto é unha adaptación da série de novelas homónimas de Hugh Howey publicadas en 2015, e conta con Zak Penn (The Avengers, Ready Player One) coma creador. Beacon 23 estreará-se en primeiro lugar na Spectrum, unha compañía de televisión por cable, e nove meses despois dará o chimpo á AMC.