Tres precuelas mais de Xogo de Tronos

69

Seica a HBO está a desenvolver un novo trío de precuelas de Game of Thrones, que se sumarían á xa anunciada House of the Dragon.

O co-creador de Rome Bruno Heller está vencellado á primeira destas novas séries, que polo de agora non ten claro se se titulará 9 Voyages ou Sea Snake. En todo caso, irá sobre Lord Corlys Velaryon (a Serpe de Mar), o mais famoso aventureiro náutico de Westeros que é asemade o xefe da incríbelmente rica Casa de Velaryon, dona da Armada mais grande do mundo. Corlys Velaryon é ademais o home de Rhaenys Targaryen.

Esta série desenvolverá-se no mesmo período temporal ca House of the Dragon, uns dous séculos antes dos acontecementos de Game of Thrones. E polo tanto, seica algúns dos actores, coma Steve Toussaint e Eve Best, aparecerán en ambos programas nos seus papéis de Lord Corlys e da Princesa Rhaenyrs respectivamente.

As outras dúas séries, que polo de agora non contan con guionistas vencellados ás mesmas, titularán-se Flea Bottom e 10,000 Ships. A primeira estará ambientada no distrito mais pobre de King’s Landing, e a segunda xirará ao redor da princesa Nymeria, que viaxou co Rhoynar a Dorne e casou con Lord Mors Martell.