As aventuras de Austral na Antártida

62

Os estudos de televisión Circle of Confusion e mais a Big Talk Productions unirán-se para faceren unha grande e épica série que adaptará á pequena pantalla a aclamada novela de ciéncia-ficción Austral, orixinal do escritor Paul McAuley.

A história está ambientada na Antártida no ano 2098, décadas despois de que os glaciares se derreteran e deran lugar á exploración dunha nova fronteira de terras ricas en recursos, onde unha xeración de aventureiros de todo o esmorecente mundo está a converxer.

Pero para Austral Ferrado, unha das moitas “huskies” (xente co código xenético editado para aturar mellor o aínda duro clima) esta nova Antártida non é o paradiso. Atrapada nunha sociedade que a encarcerou e que a tratou a ela e mais á súa caste mais coma animáis que coma humáns, Austral non se deterá ante nada para recuperar a súa liberdade.

A guionista da premiada Stateless, Elise McCredie, adaptará a novela, e Erik Skjoldbjærg (Occupied) será o seu director. Ambos serán produtores executivos xunto a Kenton Allen, Luke Alkin, Matthew Justice, Lawrence Mattis e Russ Buchholz.