Wallis Day, a Kate Kane queimada

83

Wallis Day, a quen os fans recoñecerán decontado polo seu persoaxe da política kandorián Nyssa-Vex na série Krypton, regresa á Terra pero non sae do universo da DC, porque entra ao elenco da série Batwoman, onde fará-se cargo do papel de Ruby Rose, quen abandonara o programa da CW ao remate da pasada tempada.

A segunda tempada de Batwoman céntra-se en Ryan Wilder (interpretada por Javicia Leslie) coma a nova Batwoman após da misteriosa desaparición de Kate, cuxo avión estrelou-se en Gotham. Kate finalmente reapareceu no episódio do pasado domingo, pero semellaba estar inconsciente e atrapada nas sumidoiros de Gotham, irrecoñecíbel baixo pesadas vendas… agás polo seu habitual pano vermello.

Wallis Day vai interpretar a nosa versión alterada de Kate Kane, e é unha fantástica actriz“, dixo a showrunner Caroline Dries, quen engadiu: “Estou emocionada por vós, que ides ver a viaxe que ela tivo que aturar“.

Aínda que se revela que Kate está viva, aínda que un pouco chamuscada, todo o mundo na série coida que está morta, porque se recuperaran algunhas partes co seu ADN. A segunda metade desta tempada da série tentará descubrir onde estivo todo este tempo e o que sinifica para o seu persoaxe continuar vivindo.

A Day poderémo-la ver de todos os xeitos en Infinite, o vindeiro filme de Antoine Fuqua, protagonizado por Mark Wahlberg e Chiwetel Ejiofor.